Nace a Asociación Mauro Leivas en Mondoñedo que fará unha presentación pública.
- A nova asociación busca catalogar a obra dun creador único e activar os valores sociais, ecoloxistas e de diversidade que sempre defendeu
- O acto, aberto á cidadanía, celebrarase 19 de marzo
A Asociación Mauro Leivas presentarase o vindeiro 19 de marzo nun acto aberto á cidadanía que servirá para render homenaxe a un artista único. A iniciativa está impulsada por un grupo de familiares e amizades co dobre obxectivo de preservar a memoria artística do creador mindoniense e de manter vivo o seu compromiso social e cultural.
Durante o evento presentarase o propósito da Asociación e as liñas de traballo tanto para a catalogación da súa obra como para a difusión dos valores que sempre defendeu.
- Dia: 19 de Marzo
- Hora: 12 horas
- Lugar: Pazo de Santo Tomé en Mondoñedo

