Abellón

Non todas as flores liberan o seu pole con facilidade. Algunhas, coma as do tomate ou as das arandeiras, desenvolveron uns estames onde os graos de pole están almacenados dentro dunhas estruturas (anteras poricidas) que só liberan o pole cando se someten a unha determinada vibración.

Certas especies de himenópteros, coma os abellóns, teñen a habilidade de facer vibrar os seus músculos torácicos sen mover as ás. Ao facer isto cando se pousan neste tipo de flores, o pole sae disparado desde as anteras e se adhire ao corpo dos abellóns. Estes graos de pole son transportados cara a outras flores, producíndose a “polinización por zunido”.


Ademais dos abesouros (xénero Bombus), tamén as abellas carpinteiras (xénero Xylocopa) e outras abellas solitarias realizan este tipo de polinización. Non así as abellas de mel (Apis mellifera), por iso cando falamos da necesidade de conservación das especies polinizadoras, debemos pensar máis aló das abellas domesticadas.


Nós, coma os abellóns, unimos os nosos zunidos para que a vida e obra de Mauro Leivas, adherida aos nosos corpos, poda ser levada aló a onde vaiamos, florecendo onde nos pousemos, polinizando novos campos que esperemos proporcionen abondosos froitos.