Sabemos que hai moita obra de Mauro Leivas espallada sen identificar. A asociación querería ter constancia de todas esas obras ou calquera outro tipo de documento que exista que faga referencia á súa vida e obra, pensamos en catálogos, fotografías, recortes de prensa etc. Por este motivo confeccionamos un formulario moi simple, para que nos fagas chegar a información que teñas.

Acceso ao formulario

Por suposto sempre podes usar o formulario de contacto desta web ou enviar directamente un correo electrónico a info@mauroleivas.gal

A información que buscamos é a seguinte:

  • Un medio de contacto
  • O tipo de obra ou documento que posúes (cadro, escultura, gravado, fotografía, texto etc)
  • Ano da obra
  • Localización (cidade, país)
  • Outra información complementaria ou que se considere relevante (como chegou a ti, materiais, estado, tamaño etc.)
  • Se foi exposta algunha vez
  • Se poderíamos achegarnos a vela e fotografala
  • Se poderías cedela nunha hipotética exposición
  • E achegar algunha imaxe da obra