O próximo xoves día 20 de agosto, ás 18:30h no CENIMA, Centro de Interpretación da Mariña, en Foz faremos a inauguración da exposición de Mauro Leivas Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras. Estades todos, todas e todes convidados.
A exposición Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras é similar a que se expuxo no Museo Provincial de Lugo o ano pasado tamén en agosto. Porén, agora presentamos dúas novidades:
A primeira é contar con todas as obras expostas xa que o ano pasado non puideron estar colgadas debido á urxencia coa que se tivo que realizar o evento, aínda que as solucións que se atoparon foron, a noso entender, moi acaídas. Ao final deste texto tedes un acceso ao catálogo de dita exposición.
A segunda novidade é a presentación dun caderno de traballo de tamaño A3 onde hai 35 obras máis que se engloban na mesma colección por temática e técnica e que axudan a entender moito mellor este último ciclo creativo de Mauro.
Agardamos vervos na inauguración e se non podedes non deixedes de ver a exposición (ao final tedes os horarios de acceso), paga a pena ler a modo os cadros de Mauro.

Acceso ao catálogo Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras realizado pola Rede Museística Provincial de Lugo
Horarios de acceso á exposición:
Domingo: 9:30-13:30
Luns: 9:30-13:30, 16:30-19:30
Martes: 9:30-13:30, 16:30-19:30
Mércores: 9:30-13:30, 16:30-19:30
Xoves: 9:30-13:30, 16:30-19:30
Venres: 9:30-13:30, 16:30-19:30
Sábado: 9:30-13:30, 16:30-19:30
Aberta do 20 de agosto ao 13 de setembro
