O pasado xoves día 23 de xullo celebramos o primeiro cabodano de Mauro. A asociación decidiu invitar ás persoas socias a compartir un té e unha merenda na que foi a súa casa. Pensamos que se esa era a súa forma de compartir cos amigos uns momentos de conversa, esa debía ser a mellor maneira na que nós poderiamos recordalo.

Grazas a todes por vir ou por querer vir.