Onte foi un día moi especial para nós, un primeiro fito dos moitos que queremos conseguir para que o traballo de Mauro siga a estar vivo. Agradecemos a vosa presenza e apoio.

Temos un especial agradecemento para as nosas persoas socias de honra (Encarna, Silvia, Artiaga e Caxigueiro) que co seu traballo, os seus consellos e presenza fixeron que todo fora moi doado.

De esquerda a dereita: Daniel García, Silvia Fiallega, Encarna Lago, Vilma Leivas, Daniel Caxigueiro e Mariam Ferreira.

Tamén temos que dar as grazas ás autoridades do concello de Foz, Barreiros, o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e a presenza da Deputación de Lugo na figura do deputado Daniel García por achegarse nun día ateigado de actos.

E, por suposto, unha mención as persoas socias, sen o seu acompañamento e apoio non poderiamos facer nada.

Cremos que todo saiu como a Mauro lle tería gustado.

Grazas, zumba o abellón.