Este é un resumo autobiográfico. Fíxoo Mauro para a exposición do CENIMA de Foz no 2018:

mauro leivas rivas , mondoñedo 1955

  • entorno familiar relacioado có deseño industrial e a metalúrxia.
  • bacharelato elemental, superior e cou de letras no instituto laboral de mondoñedo.
  • graduado pola eaas e superior de deseño de lugo.
  • máster de animación e modelado en 3D polo CIS de ferrol.
  • exposicións individuais e coleitivas na galiza e no resto do estado.
  • banda deseñada e fancine underground, tintimán, faztor, cluve, etc.
  • debuxo naturalista para o antropólogo p.melhman dós “macaca berberiae” no alto atlas.
  • colabouras con distintas empresas do sector da moda e o deseño de interiores no madrid da movida.
  • profe de deseño-plástica na et de mondoñedo e no iger da mesma cidade.
  • diversas instalacións multimedia en tándem con chus ruíz.
  • animacións en 3D para varias empresas de entretemento.
  • ilustración, portadas, imaxe corporativa.
  • moitos km. na mochila .
  • actualmente volto á pintura ó óleo e á paisaxe para expresar a miña crecente preocupación pola desfeita xeneralizada na entorna ecolóxica; sigo traballando en mondoñedo, no barrio onde nacín.

Estase traballando para achegar unha biografía exhaustiva de toda a traxectoria de Mauro Leivas. Podes contribuír a completar o mapa usando o noso formulario de contacto.